O cantante belga Lieven Scheerlinck confesa a súa ‘Dulce derrota’ nun concerto en Pontevedra

PONTEVEDRA> ‘Dulce derrota’ é a primeira obra de Lieven Scheerlinck un belga que practicamente ten acento galego. Mañá estará presentándoa en Pontevedra, nun concerto monólogo na Sala Karma. Na cita mesturará as historias do libro, unha autobiografía, co seu traballo como cantautor: “a Singer of Songs”.

Un cantautor de orixe belga, que vive en Barcelona e que está profundamente namorado de Galicia. El é Lieven Scheerlinck e mañá traerá a súa música a Pontevedra.

Este libro é ‘Dulce Derrota’. É o seu debut literario, que naceu como unha continuación do que este cantautor fai nos escenarios.

En ‘Dulce Derrota’, Lieven conta como é a súa relación coa música. Iso si, advirte que non atoparemos nas súas páxinas autobombo, nin crónicas de noites de triunfo ou glamur.

Hai dez anos que tocou por primeira vez en Galicia. Mañá volverá facelo no Panderetas, en Pontevedra, para presentar este libro . Un concerto-monólogo que é unha oportunidade perfecta para achegarse ao seu primeiro traballo como escritor e á súa traxectoria musical dende ‘A Singer of Songs’.

Xa saben. Non poden perdelo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí