Pepa Pardo, número dous da lista do Partido Popular en Pontevedra

PONTEVEDRA > A secretaria Xeral do Partido Popular en Pontevedra será a xefa da campaña electoral e encargarase tamén de coordinar a redacción do programa para as eleccións municipais do próximo 26 de maio. Así o anunciou está mañá o presidente do PP, Rafa Domínguez.

Pepa Pardo convértese na número dous da candidatura do Partido Popular en Pontevedra para as eleccións municipais. Ademais, a secretaria Xeral será a xefa de campaña e a coordinadora da redacción do programa electoral.

A secretaria Xeral confirmou que o programa electoral estará rematado para finais de marzo e que se centrará en catro eixes: reactivación do emprego e a economía, defensa do transporte público, extensión da reforma urbana a todos os barrios de Pontevedra e o fin do abandono rural.

Rafa Domínguez anunciou tamén que o concelleiro Gerardo Pérez Puga, será o novo xestor das contas da agrupación local.