O GAC propón innovadoras receitas co peixe e marisco da ría

    RIBEIRA> O Grupo de Acción Costeira segue a traballar na promoción dos produtos da ría de Arousa. Nesta ocasión faino a través das xornadas Come o Mar que levaron ata Ribeira un obradoiro de cociña do máis innovador. Faixas mexicanas de mexillón, hamburguesa de xurelo e pescada á galega integran esta proposta, apta para os padais máis esixentes. Explorar as posibilidades dos peixes e mariscos das nosas rías é posible a través das xornadas Come o Mar que promoven os Grupos de Acción Costeira de toda Galicia. Trátase de darlle un toque innovador á mellor materia prima, algo do que sabe moito o experto cociñeiro Miguel Mosteiro. Os asistentes ó showcooking de Ribeira tiveron ocasión, non só de degustar, senón tamén de presenciar o proceso de elaboración destes pratos. Propostas todas elas doadas de cociñar e cun resultado final que non deixa indiferente. A actividade desenvolvida no novo mercado municipal de Ribeira enmárcase nun amplo programa de obradoiros como o que se desenvolveu en Cambados para os máis pequenos. As xornadas ’Come o Mar’ inclúen tamén actividades de promoción da cultura mariñeira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/showcooking_come_o_mar_1906151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/showcooking_come_o_mar_190615.mp4{/flowplayer}

    Comments are closed.