Outes saca a licitación o acondicionamento da piscina e da antiga escola de Tarás

OUTES>Outes saca a licitación as obras de acondicionamento da antiga escola de Tarás. 

A intención do Concello é destinalo a uso social por parte dos veciños dese núcleo.

A actuación irá con cargo ó Plan de Obras da Deputación da Coruña.

O rexedor informou doutra actuación que o Concello vén de sacar tamén a licitación como é o caso das obras de rehabilitación enerxética do teito da piscina municipal por un importe duns 140 mil euros.

A mellora prevista ten coma principal finalidade darlle solución ós problemas de filtracións que dende hai tempo padece a infraestrutura.

O Concello agarda que as dúas actuacións unha vez adxudicadas poidan estar executándose xa a finais deste ano.