POBRA> Todo o material recadado seralle entregado a Cáritas parroquial para a súa distribución entre as familias sen recursos ou con dificultades económicas do municipio.
Un ano máis, e antes do inicio do curso, Novas Xeracións da Pobra, desenvolveu unha campaña de recollida de material escolar. Todo o recollido seralle entregado a Cáritas parroquial, que se encargará do seu reparto entre aquelas familias máis desfavorecidas do municipio.
A iniciativa tivo bastante repercusión e foron moitas as colaboracións recibidas. Na maioría dos casos trátase de material funxible: libretas, pinturas ou estoxos.
Dende a formación agradeceron a boa resposta da campaña que ten coma principal finalidade contribuír a que tódolos nenos da pobra poidan disponer do seu material escolar para o inicio do curso.