Pontevedra será a primeira cidade galega que acolle unha Global Game Jam

PONTEVEDRA> Pontevedra acollerá esta fin de semana a primeira Global Game Jam de Galicia. O evento de creación de videoxogos máis grande do mundo. Os participantes contarán con 48 horas para presentar unha demo ou un prototipo.

Pontevedra converterase esta fin de semana na primeira cidade galega en acoller a Global Game Jam. Un evento que leva xa 10 anos celebrándose en diferentes puntos do mundo e que é xa unha referencia na creación de videoxogos. Na cita poderán participar un máximo de 30 persoas.

Os participantes contarán con 48 horas para presentar unha demo ou un prototipo dun videoxogo. O cal será amosado publicamente antes dás 19:00 horas do domingo.

O goberno municipal está convencido de que aínda queda moito por explorar no mundo dos videoxogos. Un sector no que Pontevedra quere ser tamén un referente.

A Global Game Jam porase en marcha este venres ás 17h na Casa Azul. Todos os que queiran inscribirse poden facelo, de xeito gratuíto, a través da páxina web do evento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí