Ribeira acollerá este próximo domingo 28 de xuño o Día da Bici

RIBEIRA> A organización da actividade corre a cargo outro ano máis dos clubs ciclistas Tahume e Saltamontes, en colaboración co propio concello ribeirense. Os amantes das dúas rodas teñen unha cita este próximo domingo en Ribeira coa celebración do Día da Bici. Unha actividade que ano a ano está a adquirir un maior protagonismo. A organización deste evento deportivo correrá a cargo un ano máis dos clubs ciclistas Tahume e Saltamontes, en colaboración co propio concello. A cita arrancará ás once da mañá dende a Praza de España. Os participantes terán este ano que percorrer un traxecto urbano de aproximadamente uns nove quilómetros, cunha dificultade técnica e física baixa. Ademais e de xeito paralelo, haberá unha xincana infantil para os máis pequeniños que dará comezo ó redor das once e media na propia praza. A idade mínima que a organización propón para realizar o percorrido íntegro é de sete anos. Ó remate da ruta procederase tamén ó sorteo de diversos regalos entre os participantes, entre eles dúas bicicletas, unha doada pola tenda Sportbike. As inscricións poden realizarse ata o vindeiro 25 de xuño na páxina web municipal: www.riveira.es / www.riveira.gal. O uso do casco será como sempre obrigatorio.