Este mércores entra en funcionamento o desdobramento da Avenida de Vigo

PONTEVEDRA>

 

A obra aínda non está rematada, pero a urbanización da vía orixinal obrigará a cortar un carril para poder ampliar as beirarrúas, polo que pasado mañá a nova avenida terá habilitados dous carrís, un de entrada e outro de saída.

 

 

Quedan aínda actuacións por completar na nova Avenida de Vigo, pero a necesidade urxe e a fase de remodelación que afrontará a vía orixinal obriga ó concello a abrir o desdobramento este mércores.

 

Desde o goberno local prevén ir rematando estes ‘flecos’ nos próximos tres meses mentres entran na nova fase de urbanización da avenida orixinal. Esta actuación obrigará a cortar un carril para poder ampliar beirarrúas, co que se manterá aquí un carril de saída de Pontevedra cara o Nó do Pino, e na nova avenida con carrís en cada dirección.

 

De xeito paralelo á apertura do desdobramento o mércores, tamén se vai habilitar un espazo con cen prazas de aparcamento para suplir as que quedarán eliminadas en canto se inicie a nova fase das obras. Situarase no entorno do Instituto Torrente Ballester e será gratuíto.

 

O desdobramento da Avenida de Vigo é un proxecto que levaba case medio século intentando realizarse no concello. A nova Avenida discorre entre a orixinal e o río Gafos. Nace na rotonda do Nó do Pino e remata na avenida da Estación. En total 460 metros de longo e 25 de ancho.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/AVENIDAVIGO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/AVENIDA_VIGO_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}