A noite de San Xoán dispara o prezo da sardiña ata os 15 euros por quilo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/prezo_sardina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/prezo_sardina.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS> Hoxe celébrase a noite de San Xoán, e se hai algo que lle poida pelexar o protagonismo ás fogueiras, é a sardiña. Nas prazas do Salnés, o quilo roldou os 15 euros. Un prezo alto que fixo que moitos compradores optaran por outros peixes, como o xurelo.

Nas prazas da comarca non faltou o peixe máis típico nas grellas galegas para a noite de San Xoán. 

Fogueiras, conxuros, pan de millo e sardiñas asadas son a receita para festexar o arranque do verán na noite máis longa do ano. Unha tradición que se deixou notar nos prezos que acadou o peixe.

O prezo botou atrás a moitas vendedoras, que preferiron deixar a sardiña fóra do seu posto.

Outras recolleron aínda con xénero nas caixas ou rebaixaron os prezos para poder vender. E é que os consumidores controlan o gasto incluso en San Xoán.

De feito, moitos optaron por outros peixes frescos pero moito máis baratos.

Pero a pesares dos posibles substitutos e dos elevados prezos, a sardiña volverá ser a raíña da noite máis meiga do ano en Galicia.