Ximnasios á rúa por unha boa causa

    VILAGARCÍA> Será este sábado, na explanada do Auditorio. Alí, ás oito do serán comezará a primeira xornada deportiva solidaria para recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro. A partir das oito do serán, na explanada do Auditorio, todo o que o desexe poderá poñerse en forma practicando as actividades que máis tirón teñen nestes intres nos ximnasios.

     

     

    Rodrigo Pouso e José Ángel Vázquez son os promotores da primeira Xornada Deportiva Solidaria que o próximo sábado converterá á explanada do Auditorio de Vilagarcía nun improvisado ximnasio.

     

    A xornada comezará ás oito do serán. A participación en tódalas actividades é gratuíta, aínda que será preciso reservar praza para as de Ciclo Indoor e Body Jump. Poderán participar maiores de doce anos. Para os cativos de ata catorce haberá inchables.

     

    A finalidade da xornada e recadar fondo para a Asociación Española Contra o Cancro, e a forma será mediante a compra de camisetas, aínda que tamén haberá a posibilidade de facer doazóns particulares. As camisetas teñen un custe de catro euros e xa están á venda. Desde a delegación da asociación en Vilagarcía agradeceron a iniciativa e lembraron que os fondos recadados lles axudan a manter programas de atención como o que prestan no seu local de Rosalía de Castro.

     

    A organización porá a disposición dos participantes avituallamento para recuperar forzas tralo exercicio e sorteará vales compra e material deportivo entre todos eles.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/XORNADAANIMATE.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/XORNADA_DEPORTIVA_SOLIDARIA.mp4{/flowplayer}