O Campionato de España de Rítmica traerá a Pontevedra máis de 1.000 ximnastas

PONTEVEDRA> Pontevedra continúa co seu calendario de citas deportivas. Desta volta, cunha novidade. As fins de semana do 25 ao 28 de xuño e do 2 ao 5 de xullo os ollos da ximnasia rítmica española mirarán cara a cidade, que acollerá dúas competicións do Campionato de España deste deporte: a de equipos e a individual. A segunda será a cita máis importante, e nela competirán deportistas que aspiran aos Xogos Olímpicos, como Carolina Rodríguez e Natalia García.

 

Nas dúas próximas fins de semana, Pontevedra bulirá pola ximnasia rítmica. A cidade é a sé do campionato de España deste deporte.

Sobre 1.000 ximnastas de 400 clubs diferentes participarán no campionato. Do 25 ao 28 de xuño celebrarase a competición por equipos; a individual será do 2 ao 5 de xullo. Esta última cita será a máis importante, con ximnastas de primeira liña.

Na súa estrea como sé dun campionato nacional deste deporte, Pontevedra está a maximizar os esforzos de organización. O evento celebrarase no recinto feiral, que acollerá ata nove tapices, seis de adestramento, dous previos e un de competición.

Ademais do concello, a organización está a correr a cargo do club pontevedrés Treboada.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/nacional_ximnasia_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/nacional_ximnasia_pontevedra.mp4{/flowplayer}