Louzán cualifica de ‘espectáculo de circo’ as negociacións entre PSOE e BNG

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra parece lonxe de descubrir quen ocupará a súa presidencia no vindeiro mandato. PSOE e BNG continúan unhas negociacións que non acaban de dar os seus froitos, e nas que están incluídas as institucións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Hoxe, o aínda presidente Rafael Louzán, criticaba o espectáculo que, ao seu modo de ver, están a ofrecer ambas formacións.

 

A presidencia da Deputación de Pontevedra continúa sen dono. A pesares das negociacións, PSOE e BNG non son quen de achegar posturas.

Unha vez máis, as críticas máis duras de Rafael Louzán dirixíronse ao Partido Socialista. Para o líder popular, o único obxectivo da formación é evitar que goberne o PP.

Menos duro foi co BNG. Louzán insistiu en que a súa formación continúa aberta a negociar cos nacionalistas que, segundo o aínda presidente, se atopan nunha encrucillada.

O presidente provincial tampouco perdeu a ocasión para recordar que o Partido Popular foi o verdadeiro gañador das pasadas eleccións, aínda que non chegue a gobernar a Deputación.

Ademais, insistiu en que a súa formación está lexitimada para formar goberno e seguir adiante coa reforma das Deputacións que, ao seu modo de ver, xa empezaron hai anos. Recordou que no que levamos de ano a institución destinou 50 millóns de euros a pequenos e medianos concellos para a prestación de servizos básicos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/louzan_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/23/louzan_deputacion.mp4{/flowplayer}