Os traballadores de ENCE volverán mobilizarse cunha ‘manifestación masiva’ o 30 de setembro

PONTEVEDRA> Os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións. E fano ademais cunha manifestación polo centro de Pontevedra que queren que sexa masiva. Será o vindeiro 30 de setembro ás 8 da tarde, tres días antes de que o Tribunal Supremo se reúna para decidir o futuro da pasteira.

Comeza a conta atrás para coñecer cal será o futuro da factoría de ENCE en Lourizán. O vindeiro 4 de outubro o Tribunal Supremo reunirase para ditar sentenza sobre o primeiro dos tres recursos contra a sentenzas nas que a Audiencia Nacional anulaba a prórroga da concesión.

Pero os traballadores non agardarán sentados. Hoxe anunciaron a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro 30 de setembro. A partires das 8 da tarde percorrerán Pontevedra cunha mobilización que agardan que sexa masiva.

Con estas dúas datas en mente, o cadro de persoal acusa á clase política de utilizar aos traballadores. E reclama poder seguir traballando en Lourizán.

A factoría de ENCE en Lourizán leva case dous meses parada polo episodio de seca que afecta ao caudal do río Lérez. Actualmente, hai uns 60 traballadores ao día afectados por un ERTE. Así as cousas, Rivas cre que entre 7 e 10 días poderían retomar a actividade normal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí