Dezaoito anos de regresos á Idade Media

PONTEVEDRA> A deste ano foi unha das Feiras Francas máis multitudinarias, polo que a cita cumpriu a súa maioría de idade por todo o alto. Non en van, tense convertido nunha das celebracións preferidas polos pontevedreses e os veciños dos arredores, que non dubidan en botarse á rúa para recuperar a Idade Media. A Feira Franca de Pontevedra cumpriu os 18 anos nun perfecto estado de forma. A cita conseguiu que toda a cidade volver á Idade Media. Milleiros de persoas percorreron durante todo o sábado as rúas da zona monumental. Xogos populares, exhibicións e xantares compoñen a proposta dunha cita máis que consolidada, que xa reina no calendario festivo do verán galego. Fundamental é a implicación dos veciños, que levan dezaoito anos desempolvando as súas mellores galas medievais cada primeira fin de semana de setembro. Ninguén quere perder esta mestura entre romaría e historia. Nesta ocasión, a cita desenvolveuse sen incidencias importantes. Preto de 50 persoas acudiron ao posto de atención médica do Teatro Principal. A maioría das asistencias foron por lipotimias ou cortes.