Os descontentos co regulamento do cemiterio maniféstanse este xoves

POIO>

 

O malestar entre gran parte dos veciños de Poio polo novo regulamento que o goberno local pretende instaurar no cemiterio municipal vai en aumento. Unha mostra é a mobilización convocada para este xoves ás portas do camposanto. De aquí sairán ata o concello onde pecharán o acto coa lectura dun manifesto. Insisten en rexeitar que se regule o actual camposanto e piden que esa normativa se reduza á ampliación que van a realizar ó carón.

 

 

Auspiciados polo grupo municipal do Partido Popular de Poio, parte dos afectados polo regulamento que o concello pretende instaurar no cemiterio de San Xoán encabezarán o próximo xoves unha manifestación para facer máis visible o malestar existente.

 

Tras recibir, como se acordara en pleno, o texto da normativa nos seus fogares e celebrárense reunións informativas, a norma parece que segue sen convencer a moitos veciños. Non están conformes co formato de concesión que se lle quere dar ás familias propietarias. Concesión por 75 anos, prorrogables ata os 99 e coa posibilidade de cedérense a terceiros, que non vendelos.

 

Insisten en que o cambio de discurso agora do concello, ofrecendo a posibilidade de non aplicar o regulamento ó actual cemiterio e só ó novo foi xa unha proposta dos veciños. Proposta que rexeitaron.

 

A concentración está prevista para as oito do serán á entrada do camposanto para saír camiñando ata o concello. Alí porán fin ó acto coa lectura dun manifesto.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/manifestacioncemiteriopoio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/01/MANIFESTACION_CEMITERIO_POIO.mp4{/flowplayer}