PP e PSOE aceptan a oferta do BNG e presidirán cadansúa comisión informativa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/25/comisions_informativas_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/25/comisions_informativas_ponte.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Dúas das seis comisións informativas do pleno de Pontevedra estarán presididas por membros da oposición. Por unanimidade, o Partido Popular estará á fronte da de Economía e Facenda, mentres que os socialistas encargaranse da de Suxestións e Reclamacións. Ambas formacións decidiron finalmente aceptar a proposta do goberno nacionalista, que ve neste reparto de funcións un exercicio de transparencia e democracia.

Partido Popular e PSOE decidiron finalmente aceptar a proposta do goberno do BNG. Ambas formacións presidirán cadansúa comisión informativa: mentres que o popular Rafael Domínguez estará á fronte da de Economía e Facenda, a socialista Paloma Castro farao na de Suxestións e Reclamacións.

Os candidatos do PP e do PSOE foron nomeados presidentes por unanimidade. Para Luis Rei, de Marea Pontevedra, é bo que a oposición ocupe estes postos. Porén, a súa formación preferiu non presentar candidatos a presidir ningunha das comisións.

Nos actos de constitución, o alcalde agardou a coñecer o candidato das outras formacións. De non haber propostas, foi o propio rexedor quen lanzou a súa. Deste xeito, o BNG mantívose fiel ao ofrecemento que fixera á oposición ao principio do mandato.

As comisións de Réxime Interior, Ordenación do Territorio, Benestar Social e Mobilidade estarán presididas por concelleiros do BNG; candidaturas que só contaron co apoio da formación nacionalista e de Ciudadanos. Os demais grupos optaron pola abstención.

Todas as comisións están compostas por catro membros do BNG e dous do PP, mentres que PSOE, Marea Pontevedra e Ciudadanos contarán con cadanseu representante.