O cambadés Pedro Alonso gaña o concurso de carteis da Feira Celta

    PORTO DO SON> O cambadés Pedro Alonso gañou o terceiro certame de carteis da Feira Celta de Porto do Son. O xurado elixiu a súa obra ‘Pedra e Musgo’ entre as seis presentadas a concurso. Ademais de converterse en imaxe da festa, o premio está dotado con trescentos euros. Hai tres anos nacía o concurso de carteis de Porto do Son encamiñado a promocionar ós novos talentos ó tempo que se buscaba a imaxe máis representativa para ilustrar a feira celta. O xurado, composto pola fotógrafa María Fariña, e o técnico do Museo do Mar, José Manuel Vázquez, distinguiu a obra ‘Pedra e Musgo’. Este cambadés, deseñador gráfico de profesión, animouse a participar despois de ter coñecido a feira celta na pasada edición. Aínda que foi a súa primeira participación neste certame xa conta cunha longa traxectoria de deseño de carteis e obras ilustrativas en toda Galicia.