O BNG presenta unha iniciativa contra a discriminación do colectivo LGTB

    RIBEIRA>O BNG de Ribeira e Galiza Nova presentaron unha iniciativa en defensa do colectivo de Gais, Lesbianas, Transexuais e Bisexuais. Piden ó concello a toma medidas para a posta en marcha dun plan de igualdade e instan á Xunta a desenvolver a lei de non discriminación destas persoas. A iniciativa presentada polo BNG ribeirense insta ó cumprimento do acordo plenario, adoptado en 2013 pola corporación municipal, para garantir a igualdade de tódalas persoas. Consideran necesaria a elaboración dun plan afectivo sexual para traballar nos eidos do ensino, o asociacionismo e o deporte, promovendo unha sociedade máis tolerante. A iniciativa xurdiu a raíz dunha campaña promovida por Galiza Nova. Consideran que as persoas seguen a ser vítima dunha fonda discriminación pola súa orientación sexual, tal e como avala unha recente sentenza do Tribunal Europeo que prohibía ós homosexuais a doazón de sangue. Ademais destes actos simbólicos, os nacionalistas insta á Xunta de Galicia a materializar a lei aprobada en abril de 2014 para a non discriminación deste colectivo, dotándoa de recursos económicos e medios para facela efectiva.