A Hostalería reabre en Barbanza con moitas ganas

BARBANZA> Tamén en Barbanza se notou hoxe a reapertura da hostalería. Despois de varias semanas pechados, bares e restaurantes retomaron hoxe a súa actividade. Foi unha volta á normalidade…iso que tanto demandaban.

Con moitas ganas. Así retomaban hoxe a súa actividade a maioría de bares e restaurantes despois de semanas de peche a consecuencia da pandemia.

E vaia se se notou. A rúa peonil de Boiro, unha das principais arterias comerciais da vila, amenceu esta mañá con maior balbordo…sen esquecer tampouco o cheiro a café. Ese que apuraban os clientes a primeira hora da mañá..moitos disfrutaban del na terraza…e outros en cambio, no interior dos locais…que xa se pode!!

Os hostaleiros confían e que a reapertura, que se fai coas máximas garantías, non sexa algo temporal, e que non se produza de novo unha volta atrás..algo que para moitos deles sería xa irreparable…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí