O alcalde de Caldas pelexará ata o Constitucional pola súa inocencia

    CALDAS> O alcalde de Caldas continúa pendente das decisións dos tribunais. Por unha banda, Juan Manuel Rey agarda o pronunciamento do Tribunal Constitucional para saber se manterá ou non a maioría absoluta que hai uns días lle daba o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pola outra, o percorrido nos xulgados da denuncia que pesa sobre el por cometer, supostamente, un delito de malversación de caudais públicos.

     

    A decisión da xuíza de Caldas de non aceptar a trámite o recurso de Rey contra o auto de apertura de xuízo oral, é un novo revés para o rexedor. Así as cousas, o socialista asegura que non tiña moitas esperanzas.

    A atención de Rey céntrase no recurso presentado ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no que denuncia a suposta vulneración do seu dereito á tutela xudicial efectiva. O rexedor insistiu en que vai seguir loitando para demostrar a súa inocencia.

    Rey non da un paso atrás no dito ata o de agora. Nin na súa intención de darse de baixa no Partido Socialista de chegar a fixarse unha data para o xuízo.

    Pero polo de momento, continúa como socialista á fronte do concello de Caldas. Pendente, iso si, de que o Constitucional confirme, ou non, a maioría absoluta que hai uns días lle daba o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    Tras coñecer o pronunciamento do tribunal autonómico, o PP decidiu recorrer ao Constitucional para intentar manter o concelleiro perdido, despois de que se deran por boas dúas papeletas que foran consideradas nulas na mesa electoral do 24 de maio que daban a maioría ao PSOE.

    O concello celebrará o venres día 3 o pleno de constitución da corporación. Para o de organización e funcionamento, agardarán a coñecer o pronunciamento do Constitucional.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/alcalde_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/alcalde_caldas.mp4{/flowplayer}