RIBEIRA> Ribeira abre este vindeiro luns as inscricións para participar nos cursos gratuítos de informática para adultos incluídos no programa ‘Outono Tic’. En total serán dez os cursos ofertados, entre os que se atopan informática básica ou retoque de imaxe, entre outros.
A Aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro un total de dez cursos gratuítos que, baixo o título Outono TIC, están destinados a persoas adultas do municipio. O programa incluirá tanto accións formativas para persoas con escasos coñecementos informáticos e outras para máis especializadas.
Coma novidade o Concello está tamén á espera de que lle concedan varios programas de formación incluídos na Rede Araña.
As persoas interesadas poderán inscribirse a partir deste luns na propia Aula CeMIT ou ben na páxina web https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.