VILAGARCÍA> Recepción os irmáns Paz no concello de Vilagarcía. Os regatistas entregaron ao alcalde da vila un póster agradecendo o apoio que a administración local lles brinda para seguir adiante coa súa carreira deportiva. Esta fin de semana Carlos convertíase en campión de España da Clase de 49er, pero xa mira cara o Europeo de Porto, no que volverá a competir con Antón tres meses despois da súa baixa por unha pneumonía.
Co título de campión de España da Clase 49er no seu haber, Carlos Paz xa pensa no Europeo de Porto do 7 de xullo. Nesta cita volverá competir co seu irmán Antón, tres meses despois da súa baixa por unha pneumonía.
En augas portuguesas, os irmáns Paz pelexarán por conseguir un dos dous postos que participarán na regata preolímpica de Río 2016. O seu estado e os resultados acumulados na tempada animan ao optimismo, e os regatistas xa contan con marchar para Brasil o 26 de xullo.
Antes de arrancar o seu calendario de citas internacionais, Carlos e Antón Paz quixeron facer entrega dun póster ao concello de Vilagarcía para agradecer o apoio que a institución lles ven prestando nos últimos anos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/recepcion_irmans_paz.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/recepcion_irmans_paz.mp4{/flowplayer}