Este venres a DXT arranca a campaña de verán con máis vixilancia nas estradas

PONTEVEDRA> Mañá comeza o mes de xullo e con el a tempada alta das vacacións de verán. A partires do venres, a Dirección Xeral de Tráfico porá en marcha o dispositivo especial para controlar as estradas de todo o país, tamén as pontevedresas. A nivel estatal prevense 81 millóns e medio de desprazamentos, un 4% máis que o ano anterior.

 

Chegan o mes de xullo, a tempada alta do verán e as vacacións. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, en toda España prevense 81 millóns e medio de desprazamentos durante os meses de xullo e agosto. Un 4% máis que o ano anterior, e que leva á DXT a pór en marcha a primeira fase do dispositivo especial do verán.

En Pontevedra, o dispositivo será semellante ao que se puxo en marcha o ano pasado, aumentando a vixilancia nas estradas.

A DXT tamén ven de pór en marcha outra campaña, dirixida esta vez a reducir os accidentes con tractores implicados.

Na provincia de Pontevedra están rexistrados case 75 mil destes vehículos, cunha media de 23 anos de idade. Tamén inflúe a idade dos seus usuarios, que normalmente supera os 65 anos.

No marco desta campaña, a DXT iniciou o reparto de máis de 35 mil trípticos con información sobre seguridade, mantemento e prevención de accidentes nestes vehículos. A acción completarase no último trimestre do ano, cunha quincena de cursos sobre o manexo seguro do tractor que impartirá a Consellería de Traballo.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/campana_trafico_veran.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/30/campana_trafico_veran.mp4{/flowplayer}