O turismo tira das contratacións e xuño pecha con case 8.000 parados menos en Galicia

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/datos_paro_xuno.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/02/datos_paro_xuno.mp4{/flowplayer}

     

    GALICIA> Xuño deixa boas novas no mercado laboral. En O Salnés, o número de parados reduciuse en máis de 1.100 persoas, co sector turístico e hostaleiro encabezando o número de contratacións. O verán tamén se notou en Barbanza e Muros-Noia, comarcas onde foron case 290 os desempregados que atoparon un traballo. A mala nova refírese aos parados de longa duración: case a metade xa non contan con prestación por desemprego.

    O bo tempo e o turismo xa se deixara notar nas cifras de paro dos meses de abril e maio, pero o mes de xuño confirma a tendencia. Unha vez máis, o número de desempregados descende empurrado polas contratacións no sector hostaleiro e do comercio.

    No Salnés, máis de 1.100 desempregados atoparon traballo o mes pasado, 807 en hostalería. Os concellos máis turísticos, Sanxenxo e O Grove son os que lideran o descenso do paro. En Barbaza e Muros-Noia, das 290 persoas que atoparon emprego, 151 fixérono no sector servizos. A parte mala é que o que prima nestes contratos é a precariedade.

    Unha precariedade que se suma á difícil situación que atravesan os parados de longa duración.

    Diferente é a visión da Xunta de Galicia. Para o goberno autonómico, os datos non son coxunturais, e vincula o descenso ás contratacións en construción e industria. Destacan, ademais, a boa tendencia que rexistra o paro en Galicia.

    En Galicia, o paro baixou en case 8 mil persoas, ata situarse en máis de 229.000. O descenso foi superior á media do conxunto español, onde a cifra de desempregados mantense por enriba dos 4 millóns de persoas.

    Na comarca do Salnés, aínda hai máis de 13 mil persoas que non atopan un posto de traballo. En Barbanza e Muros-Noia a cifra achégase ás 7 mil.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí