Cada día se benefician máis nenos do comedor social de Boiro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/comedorsocialboiro1407141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/comedorsocialboiro140714.mp4{/flowplayer}

BOIRO> Co obxectivo de garantir unha coidada alimentación durante os meses do verán, o concello de Boiro implantou un servizo de comedor para nenos en risco de exclusión social. Hoxe incorporáronse catro novos usuarios. 

Levan tan só unha semana vindo a comer a este recoñecido restaurante de Boiro, pero a relación entre os rapaces xa é realmente boa, proba de elo está no ambiente que reina na mesa. Risas, charlas e xogos amenizan o xantar baixo a atenta supervisión de catro voluntarios que ademais de poñer orde, intentan que ós nenos e nenas non lles falte de nada. A algúns, por ser tan pequeniños, téñenlle que cortar a carne ou limparlle o peixe e xérase unha relación especial entre coidadores e nenos. Son rapaces de idades moi diversas pero cunha problemática común, os escasos recursos das súas familias. De non ser pola medida do executivo local, moitos destes nenos pasarían numerosas necesidades. Xoán Xosé Dieste non quere consentir iso e destinou un fondo de emerxencia social para garantir a correcta alimentación de todos eles. O concello de Boiro avoga por ofrecer o servizo coa máxima discreción para evitar criticas ou comentarios veciñais. Tendo en conta isto, decantouse por realizar o comedor no restaurante Chicolino. Para completar o servizo, o restaurante ten instalados uns inchables que utilizan os nenos ó rematar de comer. Deste xeito, inténtase facer máis amena a estancia de todos eles neste servizo de comedor de verán.