O III TecnoVerán de Vilagarcía chega a súa fin

VILAGARCÍA> Realizar un proceso de aprendizaxe mediante o xogo, ese é o obxectivo que se marca o Tecno Verán, o campamento tecnolóxico que se celebrou durante esta semana en Vilagarcía, e no que hoxe os seus “pequenos desarrolladores de aplicacións” presentaron ante autoridades e medios de comunicación os seus avances no campo tecnolóxico.
Brais, Raúl e Nicólas, son tres dos vinte rapaces de Vilagarcía, que na última semana participaron no Tecno Verán, que se celebrou no aula municipal Cemit, en Matosinhos. O seu proxecto unha aplicación coa que facer un seguimento do rirmo vital dos nosos maiores, pero ninguén mellor que eles para explicárllelo.
Unha excelente iniciativa coa que aprender xogando e compartindo experiencias con compañeiros da mesma idades.
Ganas e ilusión non fallaron a este último día, no que tamén houbo lugar para a emoción e o agradecemento, como foi o caso de esta alumna que agradeceu o tempo compartido nesta terceira edición do Tecno Verán.
Sen dúbida unha excelente maneira de investir o tempo libre do verán. Quen sabe, ao mellor o próximo Steve Jobs non é californiano e si vilagarcián.