O temporal e o entroido frean a demanda de peixe fresco

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/consecuencias_temporal_barbanza_0902161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/09/consecuencias_temporal_barbanza_090216.mp4{/flowplayer} POBRA> A costa galega permaneceu durante toda a xornada en alerta laranxa; situación que se prevé continúe mañá. Con estas malas condicións na mar, a maior parte da flota permaneceu amarrada o que se traduciu na escaseza de peixe nas lonxas e prazas. A semana arrancaba cunha alerta vermella que xa mudou a nivel laranxa; un estado que se prevé se manteña durante os próximos días. Foron poucas as embarcacións que se atreveron a saír ó mar con este forte temporal, pero as que o fixeron conseguiron traer a terra o pouco peixe fresco que se vende estes días nas prazas da comarca. Ó desabastecemento motivado polo temporal hai que engadir a pouca demanda que ten o peixe durante o entroido onde a tradición fai ós consumidores decantarse por produtos máis da terra que do mar. Por esta razón, apenas se nota suba nos prezos. Aínda así, o peixe pequeno para fritir está a ter bastante saída entre os consumidores para poñer un entrante máis saudable nuns menús caracterizados polos excesos das laconadas e os doces típicos de carnaval.