Usuarios do centro sociocomunitario expoñen os traballos dos distintos obradoiros

    POBRA> O centro sociocomunitario da Pobra acolle unha exposición cos traballos realizados polos usuarios dos obradoiros desenvolvidos nos últimos meses. A mostra permanecerá aberta de sete a nove da tarde, de luns a domingo. Os alumnos dos talleres de pintura, bordado e encaixe de bolillos dos centrosociocomunitario da Pobra poden presumir do seu bofacer. Unha exposición, que se vén de inaugurar nas instalacións pobrense, recolle unha mostra dos trabalos realizados ó longo dos últimos emses. Os interesados en visitala poderán facelo tódolos días da semana, incluídos sábados e domingos, de sete a nove da tarde. Os propios autores dos traballos serán os encargados de guiar ós visitantes pola exposición. O directo do cento anunciou que tralo parón estival do mes de agosto, retomaranse as actividades formativas. En setembro poranse en marcha os cursos de informática e saúde promovidos pola Fundación La Caixa. Ricardo Lago animou ós usuarios do centro a participar nestas iniciativas. Ademais quixo agradece ós alumnos e monitores que conforman a exposición ó seu traballo ó longo dos últimos meses.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí