O PP tacha de ‘irresponsable’ o izado da bandeira azul en Cabío

    POBRA> O PP de Pobra cualifica de irresponsable a decisión do executivo de izar a bandeira azul en Cabío sen que a praia conte con tódolos servizos requiridos. Solicitan que se proceda de xeito inmediato á contratación dos socorristas para garantir a seguridade nun dos areais máis concorridos do municipio. Segundo os populares o concello corre o risco de perder o distintivo de calidade para Cabío por ter izado a bandeira carecendo de numerosos servizos. Entre eles, o máis grave din, é a ausencia de socorristas xa que aínda non se procedeu á súa contratación. Ante o risco de quedarse sen a distinción dun dos principais emblemas turísticos do municipio, esixen ó goberno local que proceda canto antes á dotación de persoal de vixilancia nas praias, a pesar de que non están de acordo coas bases de contratación.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí