Arrancan as obras de recuperación das marismas das Xunqueiras

    POBRA> A directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, estivo visitando a zona na que se acomete esta importante actuación cun presuposto que se achega nesta primeira fase a 1’8 millóns de euros. Despois de varios atrancos administrativos que supuxeron un certo retraso no inicio das obras, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente deu hoxe inicio os traballos da primeira fase da recuperación das marismas das Xunqueiras. Trátase dunha actuación integral que forma parte do Plan de Impulso ó Medio Ambiente para a Adaptación ó Cambio Climático en España, coñecido como o PIMA Adapta. O proxecto en cuestión dispón dun elevado presuposto, xa que no seu total achegarase ós tres millóns e medio de euros, aínda que nesta primeira fase investiranse tan só 1’8. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, destacou tamén a importancia desta actuación que suporá a posta en valor dunha zona cun alto valor medioambiental actualmente moi degradada. Posteriormente a directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar achegouse tamén á parroquia ribeirense de Castiñeiras, onde o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente desenvolveu unha importante actuación de acondicionamiento ambiental no entorno da antiga conserveira existente a carón do porto.