O BNG denuncia un vertedoiro ilegal de entullos nos Areeiros

    RIBEIRA> Os nacionalistas sospeitan que se trata de residuos procedentes dunha obra pública polo que piden ó concello que tome as medidas oportunas. Foron os propios veciños os que alertaron do vertido de entullos nesta parcela, ó carón do camiño que conecta o lugar dos Areeiros coa parroquia de Carreira. A gran cantidade de residuos mesmo chegou a invadir parte do vial e ameaza con contaminar un regato próximo que desemboca no río Listres. O caso é especialmente grave xa que, segundo o BNG, os entullos proceden dunha obra pública que se está a executar no lugar de Parte al Río, en Carreira. Por esta razón piden ó executivo que esixa ás empresas contratadas o máximo rigor no cumprimento da normativa medioambiental.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí