O BNG chama a mobilizarse en contra da autorización de vertidos en San Finx

NOIA> Representantes do pósito noiés, entre os que se atopaban tamén membros da agrupación de mariscadores de a pé e de a flote, mantiñan esta mañá, na sede da Confraría, unha xuntanza co BNG.

Na reunión tomou parte a deputada, Rosana Pérez, que volveu a insistir, no risco que supón esta decisión para o futuro da comarca.

A deputada nacionalista xa anunciou que a súa formación levará ó vindeiro mércores 22 ó pleno do Parlamento unha pregunta urxente ó conselleiro de Industria, Francisco Conde, para coñecer se se están a cumprir tódalas garantías para que a Xunta dese esta autorización.

Pérez tamén mostrou o seu apoio á Confraría e fixo un chamamento a toda a veciñanza, non só desta comarca, a participar na mobilización prevista para o 4 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí