SANXENXO>
O voceiro do Partido Popular, ofreceu esta mañá a súa primeira rolda de prensa mensual que realizará para ir dando conta da tarefa de fiscalización da actividade do goberno. Di Telmo Martín que xa atoparon ‘erros’ de calado nesa xestión, pero que dará os 100 días de rigor ó executivo de Gonzalo Pita para denuncialos. No que non puido calar foi á hora de denunciar o incumprimento na baixada do custe do goberno, a falta de transparencia e a perda de tres bandeiras azuis.
Di o popular Telmo Martín que quere agardar a setembro, a que pasen os primeiros 100 días do goberno de coalición con SAL á cabeza, e a que conclúa a tempada estival. Para o voceiro da oposición prima manter a boa imaxe de Sanxenxo, pero ó pouco que se lle pregunta non dubida en denunciar a xestión do cuatripartito. Do máis grave, a perda de tres bandeiras azuis por falta de socorristas.
Moito doeu tamén que o equipo de goberno afastara ó Partido Popular e outras entidades do consello de Nauta Sanxenxo.
E non pode deixar de aclarar que o Partido Popular levaba razón cando denunciou que Gonzalo Pita estaba a incumprir a promesa de rebaixar nun 30 por cento o custe do goberno local. Di Martín que agardou a ter as actas cos datos do 2014 e do 2015.
Culmina o popular desdecindo as declaracións do alcalde de hai uns días nos que aseguraba descoñecer que o Pazo de Quintáns fora de titularidade municipal. Segundo Telmo Martín, ‘unha tontería e barbaridade’ que agarda que se debera a un ‘lapsus’ de Pita.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/TELMOPP.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/TELMO_SANXENXO.mp4{/flowplayer}