Cores Tourís compromete dúas motobombas para reforzar a protección de Cortegada

    VILAGARCÍA> O delegado da Xunta en Pontevedra rematou hoxe en Vilagarcía a súa rolda polos concellos pontevedreses onde houbo cambio de goberno. O rexedor aproveitou o encontro para pór sobre a mesa as dificultades que se viviron o pasado xoves co gallo do incendio de Cortegada, cando a falta de medios obrigou aos veciños a botarse á illa para apagar o lume. José Manuel Cores Tourís comprometeuse a conseguir dúas motobombas para o concello.

     

    A seguridade de Cortegada continúa a preocupar a Vilagarcía. Esta mañá, o rexedor aproveitou un encontro institucional co delegado da Xunta en Pontevedra para trasladarlle as dificultades que viviron a semana pasada para apagar o incendio rexistrado na illa. A falta de medios obrigou aos veciños a facer os traballos de extinción.

    Cores Tourís recolleu esta petición. A reunión rematou co compromiso do delegado da Xunta de conseguir máis medios para evitar que se repita esta situación.

    Varela tamén trasladou ao delegado outra reclamación histórica do concello: a escaseza de membros das forzas de seguridade do estado .

    As xuntanzas solicitadas polo concello cos conselleiros de medio ambiente e educación para abordar os fondos para o saneamento da ría e para falar do estado dos centros educativos vilagarciáns, respectivamente, tamén se trataron na reunión. En ambos casos, Cores Tourís comprometeuse a mediar entre o alcalde e os conselleiros.

    O delegado aproveitou o encontro para anunciar a concesión dunha nova axuda para a reforma da praza de abastos. A Xunta entregará ao concello 80 mil euros, dos cales 20 mil procederán das arcas municipais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/reunion_touris_varela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/reunion_touris_varela.mp4{/flowplayer}