![]()
VILAGARCÍA> Os traballos iniciaranse o vindeiro mes de outubro, e contarán cun orzamento de máis de 427 mil euros.
{flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CASA_CULTURA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
O convenio asinado hoxe responde ó compromiso que hai dous meses asumía o presidente do ente provincial, Rafael Louzán, ó visitar as instalacións da Escola de Música. Un edificio moi danado polo tempo, e cuxa reparación ven sendo unha reclamación dos pais dos alumnos que asisten ás clases.
Neste edificio, as actuacións centraranse en substituír as fiestras e arranxar os teitos e tellados. Ademais o concello asegurou que a intención é que as obras se desenvolvan sen interromper as clases. Na Casa da Cultura Rivas Briones as obras centraranse na rehabilitación do Salón de Actos. Dúas actuacións para as que a Deputación destinou máis de 427 mil euros, e que se veñen sumar a outros traballos que está a realizar na vila.
Ambos proxectos serán aprobados este venres na Xunta de Goberno da Deputación, coa intención de que os traballos arranquen a finais deste mes ou principios do próximo.
Redacción Salnés









