Emilio Sánchez Vicario, padriño dos torneos internacionais de tenis de Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo prepárase para un dos seus grandes eventos deportivos deste ano, os torneos internacionais de tenis organizados polo Círculo Cultural Deportivo. Vai comezar este vindeiro domingo, nas categorías xuvenil  e cadete. A presentación do campionato contou cun convidado de excepción, o extenista Emilio Sánchez Vicario.

24 países daranse cita en Sanxenxo a partir deste domingo nos torneos internacionais de tenis impulsados polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo. A entidade presentou un torneo que se vai desenvolver nas súas renovadas instalacións nas categorías xuvenil e cadete. Este ano será de grao 1, a máxima categoría mundial.

As probas xuvenís celebran a súa XIX edición e o torneo cadete, a XIII. Participarán en total uns 130 xogadores por torneo, en fases previa e final, masculino e feminino e dobres. Unha cita que pon a Sanxenxo no mapa tenístico e que contou co extenista Emilio Sánchez Vicario como padriño.

O torneo conta co apoio de distintas administracións, entre elas o propio Concello e a Deputación de Pontevedra.

Os partidos vanse disputar nestas pistas, que foron inauguradas este mesmo verán. Gozan dunhas características técnicas de primeiro nivel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí