PSOE e PP aproban cos seus votos o presuposto de 2007

    CATOIRA > O Goberno Municipal conseguiu sacar adiante as contas deste ano, que ascenden a 3,9 millóns de euros, grazas ó apoio dos edís do PP, despois de que o alcalde asumira algunhas das súas propostas.

    Como nos tres presupostos anteriores, o PSOE de Catoira contou novamente co apoio do PP para sacar adiante as contas de 2007. O presuposto municipal ascende este exercicio ós 3,9 millóns de euros. No pleno celebrado onte, os populares fixeron varias peticións como parques infantís, arranxar a estrada Trasdaveiga ós muíños de vento ou arranxar a ponte que quedou danada pola riada. O alcalde dixo que se poderían asumir e os populares votaron a favor dos presupostos.

    Non así o BNG, que criticou entre outras obras a ampliación do polígono de Abalo ou a do multiusos. Os nacionalistas aseguran que quedan demasiadas partidas a libre disposición do alcalde fomentando asi a campaña electoral cos presupostos. Consideran que hai moitos proxectos que non deixar de ser iso, proxectos. Sen embargo, o alcalde defende que son os mellores presupostos da historia de Catoira, e afirma que tódolos proxectos teñen financiamento e polo tanto son unha realidade.

    Redacción Salnés