AGE constata que a final de ano non estará rematado o 80% da ampliación do hospital

    VILAGARCÍA>

     

    Alternativa Galega de Esquerdas mantén as súas reservas sobre o remate en tempo das obras de ampliación do hospital do Salnés. Nunha reunión esta mañá co responsable da Área de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés e o xerente do Hospital, os deputados Eva Solla e Juan Fajardo constataron que a finais de ano non se vai rematar o 80 por cento da actuación, requirido para non perder a subvención europea. Tamén denuncia atrasos de máis de ano e media en segundas consultas de cardioloxía ou neuroloxía.

     

     

    Trala reunión mantida esta mañá coa Xerencia do Hospital do Salnés e da Área de Xestión Integrada, os deputados de Altenativa Galega de Esquerdas Eva Solla e Juan Fajardo saíron convencidos das súas sospeitas. Que os atrasos nas obras de ampliación farán que a actuación non estea lista a final de ano e se poidan perder os fondos europeos para custeala.

     

    Desde AGE denuncian non só o atraso senón a falta de previsión en cuestións que consideran esenciais, como a dotación de persoal para as novas instalacións.

     

    Falta de previsión tamén na resolución dos problemas de falta de aparcamento ou na posta en marcha dunha liña de transporte público que comunique o hospital coa súa área de influencia.

     

    A cita desta mañá doulles tamén para constatar as carencias de departamentos como o de cardioloxía ou neuroloxía, con listas de espera par asegundas consultas, segundo eles, de ata ano e medio.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/AGEHOSPITAL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/20/AGE_HOSPITAL_SALNES.mp4{/flowplayer}