NOIA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá as instalacóns para manter un encontro cos responsables do pósito noiés e analizar o desenvolvemento dos traballos nos que a Administración Autonómica pretende investir preto dos 500 mil euros.
A visita da titular de Mar a Noia respondía máis ben a unha reunión de traballo cos responsables do pósito co fin de analizar a futura reforma que se acometerá na rula de Testal na que a Xunta ten previsto investir preto dos 500 mil euros. Segundo a propia Rosa Quintana o que se busca é conseguir que a lonxa noiesa sexa unha das instalacións de referencia na zona.
Precisamente a Conselleira destacou o éxito, unha vez máis, da última campaña marisqueira cuns ingresos superiores de máis de 17 millóns de euros
O patrón maior noiés aproveitou a visita para solicitarlle tamén outras melloras para o pósito, entre os que se atopaba a reactivación do semilleiro.
Durante o encontro a Conselleira destacou tamén o papel da Confraría pola súa aposta por acadar un selo de calidade para o berberecho, no que ademais de garantir a calidade do produto se poida diferenciar o berberecho da ría de Noia do de fóra.
Comments are closed.