Vinte mozos coidan e gozan de Cortegada nun campo de traballo da Xunta

    VILAGARCÍA> Dende hai unha semana, 20 mozos de todo o mundo participan no campo de traballo da Illa de Cortegada. A iniciativa, que pon en marcha a Xunta de Galicia por primeira vez, mesturan lecer con tarefas de voluntariado. Durante nove días, os mozos de entre 18 e 30 anos realizarán traballos de mantemento e coidado medioambiental do entorno para pola tarde gozar con actividades deportivas no entorno da illa.

     

    Dende hai unha semana, Cortegada tamén se coñece como “O bosque flotante”. Este é o nome co que a Dirección Xeral de Xuventude bautizou o campo de traballo que acolle a illa, unha experiencia pioneira.

    Vinte mozos procedentes de diferentes partes do mundo están a participar nestas actividades. Dedican as súas mañás a tarefas de conservación medioambiental e do patrimonio. Polas tardes, toca o lecer, con actividades como paseos en bicicleta ou rutas en kaiak.

    Co seu traballo axudan a manter un espazo tan especial como é a illa de Cortegada, que hai menos dunha semana víase ameazada polo lume. Segundo a directora adxunta do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o protocolo funcionou correctamente para evitar que se estenderan as lapas.

    O campo de traballo de Cortegada está integrado na campaña de verán da Xunta, pola que se ofreceron 8.530 prazas. Ademais da illa vilagarciá, acollen esta iniciativa Sálvora, Cíes, Cotobade e Ribadumia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/22/campamento_cortegada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/22/campamento_cortegada.mp4{/flowplayer}