Esquerda Unida súmase ó apoio amosado ás traballadoras de Marsac

    O GROVE > Esquerda Unida non quixo ser menos e uniuse tamén no apoio ás traballadoras de Marsac. A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Iolanda Díaz, achegouse ata as inmedacións da fábrica para reunirse cos traballadoras que levan xa mes e medio de protestas. Iolanda comunicoulles as propostas que levarán ó Parlamento e amosouse moi positiva en canto a expectativas.

     Iolanda Díaz, acompañada por outros representantes da agrupación política que lidera en Galicia falou longo e tendido coas afectadas que lle trasladaron as súas preocupacións e inquedanzas. Unha preocupación que dende Esquerda Unida fan extensible a outros sectores da economía. En base a isto demandan que as consellerías implicadas se poñan a traballar en solucións concretas. As que eles propoñen, polo pronto están xa presentadas ante o Parlamento.

    Redacción Salnés