CAMBADOS> Merchi Álvarez consegue dous mil euros máis na súa busca de axuda para poder financiar o tratamento da súa enfermidade en Corea do Sur. A doazón esta vez foi das representantes de Distribución Compostela de Tupper España en Cambados. Os cartos obtivéronse despois de seis días ofertando os seus produtos diante do concello cambadés.
Merchi Álvarez continúa incansable na busca de fondos para poder costear o seu tratamento en Corea do Sur. A moza de Cambados está recibindo multitude de apoios de diferentes persoas e asociacións. A última chegou da man das representantes de Distribución Compostela de Tupper España, que durante 6 días estiveron vendendo os seus produtos diante do concello cambadés.
Con estes dous mil euros a contía total recadada por Merchi é de 52 mil euros. A presidenta de Galiciame ten un mes por diante para recadar os 29 mil euros restantes. A cambadesa non perde a esperanza.
As iniciativas para axudar a Merchi Álvarez continuarán nas vindeiras datas de diferentes maneiras.
As representantes de Distribución Compostela volverán poñer o seu posto en beneficio de Merchi a vindeira fin de semana en Sanxenxo. Diante do concello de Cambados estará a vindeira semana Rosa Cedrón vendendo bolsas de tela elaboradas por elas mesmas. Ademais continúa aberto o número de conta ES78 2100 5036 4502 0030 7703