Moraña volverá a gozar na Carballeira de Santa Lucía da festa do carneiro ao espeto

MORAÑA> Moraña pon á venda máis de 120 lotes de carneiro nunha nova edición da festa do carneiro ao espeto. A celebración será especial, xa que a veciñanza poderá reunirse de novo na Carballeira para comer e gozar rodeado de familiares e amigos. O programa da festa inclúe unha gran variedade de actividades dende o 10 ata o 31 de xullo.

O concello de Moraña volverá gozar da súa festa do Carneiro ao Espeto con total normalidade. O goberno local preparou unha programación con numerosas actividades e eventos musicais de gran nivel para unha celebración moi esperada para todos os morañeses.

A veciñanza de Moraña poderá volver a gozar do carneiro ao espeto na Carballeira de Santa Lucía. Un xantar popular tradicional e moi importante para a vila no que se poden dar cita máis de 2000 persoas.

Nesta quincuaxésimo terceira edición, poranse á veda máis de 120 lotes de carneiro. As reservas xa están dispoñibles.

Aínda que a festa do carneiro centra toda a atención, as programación festiva de Moraña é moito máis ampla con actividades do 10 ao 31 de xullo. Entre elas destacan novidades como unha festa de Djs ou o torneo de fútbol interparroquial, ademais de actividades tradicionais como a volta ciclista por Moraña, o concerto de corais ou a actuación da escola de música.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí