O concello de Vilagarcía confía na continuidade das Revenidas en Vilaxoán

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía reitera o seu apoio ao festival das Revenidas. O goberno local non prevé outra posibilidade que non sexa organizar o evento na vila. Dende a organización ven moi difícil que se poda chegar a un acordo.

O concello de Vilagarcía sae ao paso para mostrar o seu apoio ás Revenidas. Dende Ravella reiteran o seu compromiso co pobo de Vilaxoán e as súas tradicións. O goberno local recorda a súa implicación coa organización do evento, tanto en medios humanos como materiais, así como economicamente, cunha subvención que nesta edición incrementarase en 4 mil euros.

O principal motivo das tensións é a celebración da sardiñada popular. As novas esixencias en materia de permiso en cuestión como o recinto, o acceso ou a seguridade obrigaron á organización a plantexar o traslado do xantar ao domingo, un cambio que non gusta en Ravella. O goberno local entenden que o elemento central do festival é a sardiñada pero realizándose coas mesmas características que ata o de agora. Nos vindeiros días ambas partes volverán a reunirse. Dende o concello están convencidos de que a continuidade das Revenidas en Vilaxoán está garantida.

O posible traslado das Revenidas foi criticado por Marea da Vila. Dende a formación critican a falta capacidade do goberno de Varela para chegar a acordos. Tamén advertiron que Vilaxoán non pode perden un festival referente en toda Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí