Os biólogos confirman a mortaldade de practicamente toda a ameixa do banco marisqueiro de Bamio

Vilagarcía> Desastre biolóxico nos lombos do Ulla en Bamio. Os biólogos certifican a mortalidade do 100% do berberecho e de máis do 90% da ameixa xapónica. A salinidade da auga están en 0 o que podería matar á ameixa xapónica que aínda sobrevive. Os mariscadores calculan máis de 50 mil quilos de bivalvos mortos.

Os biólogos confirmaron os peores presaxios da agrupación de mariscadores a pé de Carril, a mortalidade de practicamente toda a ameixa na zona dos Lombos do Ulla en Bamio. Os traballadores o consideran un desastre biolóxico.

Os biólogos sinalan que a mortalidade foi provocada pola gran cantidade de auga doce na zona.

Segundo os mariscadores, a cifra de ameixa morta podería superar os 50 mil quilos de produto perdido.

Nas probas realizadas hoxe a salinidade era practicamente 0. Os biólogos afirmaron que con esa cantidade de sal tan baixa é probable que morra o resto do marisco supervivente.

Dende a agrupación reclaman á consellería que visite a zona e que a declare como zona catastrófica.

As fortes chuvias son as principais culpables desta situación, pero dende a agrupación sinalan tamén ao embalse de Portodemouros. As mariscadoras piden máis información dos traballos da planta para poder evitar catástrofes como esta.

Os biólogos volveran a vindeira semana para confirmar a cantidade de ameixa falecida. Dende a agrupación xa se puxeron en contacto con outras confrarías que se atopan nunha situación similar, como Rianxo ou Arcade, para facer máis forza e que declaren os seus bancos de marisqueo como zonas catastróficas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí