A Xunta promoverá novamente o uso do galego nos seus campamentos de verán

    BOIRO> A iniciativa denominada ‘O Galego Campa!’foi presentada esta mañá no campamento xuvenil de Espiñeira nun acto no que tomaron parte o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia García, e o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste. Un total de dezasete campamentos xestionados pola Xunta de Galicia en toda a comunidade beneficiaranse desta nova edición de ‘O galego campa!’, que esta mañá foi presentado en Boiro. A iniciativa, que por quinto ano consecutivo poñen en marcha de xeito conxunto a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pretende seguir promocionando o uso do galego, especialmente na xente máis nova. O programa desta edición presenta un esquema semellante ó de anos anteriores, cunha novidade como é un repositorio dixital de materiais e actividades dirixidas ós monitores de tempo libre. A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia García, destacou tamén a importancia deste programa.