Moisés Domínguez foi elixido secretario local do Partido Galego de Ribeira

RIBEIRA> Os locais do Ateneo Valle-Inclán foron o lugar escollido polo Partido Galego para celebrar a súa asemblea na que se elixiu ó novo secretario local da formación, un cargo que recae una figura de Moisés Domínguez.

No acto tomaron parte tamén o presidente e secretario xeral do partido a nivel galego, Xosé Mosquera e Maxi Vázquez, respectivamente.

Nas súas intervencións os dous incidiron na importancia de que a formación vaia adquirindo peso na política actual galega.

O novo secretario local Moisés Domínguez fixo alusión a cal será o principal obxectivo da formación, que non é outro, segundo el, que construír unha Ribeira mellor.

Domínguez esbozou tamén parte das liñas do programa do partido de cara ás vindeiras eleccións municipais. Así aludiu a proxectos importantes como a construción da nova biblioteca municipal, a residencia de maiores ou o remate da estación de autobuses.

Tamén falou da necesidade de mellorar o centro de saúde e apostar polas parroquias.

Nas próximas semanas ten previsto manter unha serie de reunións por todo o Concello para escoitar de primeira man as principais necesidades dos veciños, para poder incluílas posteriormente no programa electoral de cara ás municipais de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí