RIBEIRA> O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, facía o anuncio deste novo equipamento durante unha visita realizada á localidade, concretamente ó Museo do Gravado de Artes.
A Xunta construirá en Ribeira a primeira das residencias do novo modelo de coidados que o Goberno Galego pretende implantar en Galicia. Será unha experiencia piloto, que se extrapolará posteriormente a outras zonas da comunidade.
O proxecto, segundo avanzou o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contará cunhas cen prazas e un orzamento duns 10 millóns de euros, financiados con cargo a fondos europeos.
O titular do Goberno galego facía estas declaracións durante unha visita realizada ó Museo do Gravado de Artes. Feijóo puxo ademais a este espazo coma exemplo, ó ser, segundo el, un verdadeiro dinamizador cultural.
Na visita aludiu tamén ós máis de 36 millóns de euros de investimento da Xunta durante os últimos anos en apoios ós museos, que son segundo el, os preservadores do patrimonio material histórico e da súa actividade en prol da divulgación.