Rías Baixas permitirá colleitar ata un 15,83% máis

    uvas copia100.jpgPONTEVEDRA> Unións Agrarias, que esixía un incremento do 25%, anunciou mobilizacións contra esta medida, que foi aprobada por maioría absoluta no pleno do organismo.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_UUAA_MUGARTEGUI.flv{/flowplayer}

    O Consello Regulador da DO Rías Baixas ampliará un 15,83% os copos de produción para a vendima deste ano, unha decisión aprobada por maioría absoluta durante o pleno celebrado esta mañá. Deste xeito, a variedade albariño poderá ter un rendemento de ata 13.900 kg por hectárea en lugar dos 12 mil establecidos polo regulamento do organismo. Con esta decisión, o Consello reacciona ante os informes técnicos sobre a estimación da colleita, que sinalan este ano como excepcional grazas ás excelentes condicións climáticas e ó bo ciclo vexetativo da uva.

    UUAA anuncia mobilizacións

    15.000 kg de uva por hectárea é o límite que dende Unións Agrarias reclaman para a vendima deste 2011. Segundo o sindicato, estudos manexados polo Consello estiman que este ano a colleita será moi superior á do pasado, de aí que esixan un aumento dos copos para dar cabida de xeito legal a toda a uva.

    Precisamente, a calidade é un dos argumentos máis debatidos á hora de apoiar este aumento. Dende o sector témese que un aumento excesivo da produción provoque unha caída da calidade, explicación que non acepta UUAA.

    Unha postura que apoian os viticultores que asistiron á convocatoria do sindicato.

    Ante a decisión do Consello Regulador de ampliar unicamente un 15,83%, o sindicato anunciou novas medidas de presión.

    Redacción Salnés