Detido un pobrense como presunto cerebro dunha estafa millonaria

    detencionestafapobra100.jpgPOBRA> A policía detivo a un empresario da Pobra pola súa presunta implicación nunha trama de fraude no cobro de subvencións públicas.

    {flowplayer}barbanza/detencionestafapobra.flv{/flowplayer}

    Presuntamente, o detido, Alejandro Davila, podería ter estafado máis de vinte millóns a través de varias empresas radicadas en Andalucía.

    A operación policial desenvolvida na Pobra vén culminar un proceso de investigación iniciado o pasado mes de xullo cando o Ministerio de Industria esixiu a devolución das axudas outorgadas a varia empresas por non ser destinadas ós conceptos para os que foran concedidas. Trátase de Cádiz Solar Center, Soluciones Tecnológicas Ambientales e Aquandalucía, empresas en cuxa xestión participaba o detido, Alejandro Davila Ouviña, que xa fora investigado pola Axencia Tributaria pola súa presunta relación con outras estafas.

    Rexistros

    O amplo despregamento policial desenvolvido tanto na xestoría como nas súas inmediacións, onde se ubican dous pisos propiedade da familia de Davila, non pasou inadvertido para os veciños que foron testemuñas do entrar e saír dos axentes cargados coa documentación incautada.

    Pola contra, nas inmediacións da vivenda familiar, situada no lugar do Outeiro, foron poucos os veciños que se decataron da presenza policial e os que o fixeron pensaron que se trataba dun roubo.

    Alejandro Davila é moi coñecido na Pobra, onde reside e de onde é natural, pola súa constante participación en proxectos empresariais para os que mesmo ten solicitado numerosas subvencións ó concello.

    Polo momento non transcenderon máis datos sobre esta trama fraudulenta xa que está decetado o segredo de sumario. O detido podería pasar a disposición xudicial este sábado.

    Redacción Barbanza